Datos del partido
- Rival: S.D. BANDEIRA
- Fecha: 12/09/2026
- Hora: 17:45:00
- Campo: O Forte-Boqueixón
- Resultado: 2 - 2
Relato
Mal partido o visto onte no Forte. O noso equipo ten que mellorar en moitas facetas, ainda que onte pensamos que foi mellor.
Co churro/regalo do noso primeiro gol o equipo daba a impresión que sacaría os 3 puntos. Que en calqueira momento nunha das moitas situacións de ataque habería ese último pase que nos daría o segundo gol, o da tranquilidade. Pero non foi así...
Na primeira parte os contrareos nin se achegaron a nosa area. Tampouco nos tivemos moitas ocasións, pero si sensación de perigo.
Na segunda parte comezou igual a cousa, nos tendo mais o balón, rondando a area pero sin ocasións moi claras.
Alá polo minuto 20 da segunda, chegou a primeira cagada da tempada dos nosos, cagada que rematou no empate a 1
Os xogadores notaron o golpe. Moito!
Como era posible que a primeira chegada a nosa portería fora no minuto 65, por un regalo noso e o partido se puxera en tablas🤷🤦.
Pero máis grave foi cando faltando 13 minutos, noutra imprecisión defensiva, o balón rematou dentro da nosa portería.
Incrible pero certo, 1-2 no marcador😰.
Volvían os fantasmas do ano pasado.
Menos mal que se sacou forzas de non sei onde, xa que o calor era insufrible, e por medio de Lucas acadamos o empate casi rematando o encontro.
Temos que adaptarnos a nova categoría. Ainda nos falta... Fumos mellores, si, pero hai que demostralo marcando máis goles que o contrareo.
Si algunha lectura positiva se pode sacar do partido de onte son a capacidade de reacción despois de dous paus durísimos, e de que si non temos erros defensivos tan graves como os de onte, os equipos vailles costar moito chegar a nosa portería.
Non foi o esperado, pero pudo ser peor.
A seguir 💪💪💪