Datos del partido
- Rival: AGOLADA VETERANOS C.F.
- Fecha: 10/10/2026
- Hora: 18:30:00
- Campo: O Forte-Boqueixón
- Resultado: 4 - 1
Relato
Cronica do partido (Xornada 5)
Seguramente o de onte, fose o partido máis compreto do noso equipo no que vai de tempada. Concretamente a primeira parte foi de sobresainte👌. Ben colocados, creando ocasións e sin conceder nada ao correoso equipo do Agolada, a excepción dun man a man que o xogador visitante tirou fora.
Carlos aos 10 minutos cun gran tiro dende fora da area, e a media hora Lois cunha boa definición despois dunha gran xogada combinativa do equipo, déronnos o 2-0 co que chegamos ao descanso, pero ben puderon ser máis porque fallamos varias moi claras.
Na segunda, Ruben, o noso pichichi, cun espectacular golazo de vaselina despois dun exquisito control ca cara, puxo o 3-0 que xa parecía deixar o partido resolto.
Sin embargo, seguramente pola relaxación, o equipo na segunda parte non estivo tan preciso nos pases nin na colocación no campo, digamos que se deixaba pasar o tempo para recoller e ir para a taberna🤷.
Pero como xa pasou a semana pasada, decidimos inventarnos un claro penalti para darlle algo de emoción, e tamén, como a semana pasada, Chupi parouno, pero desta volta o rexeite recolleuno o mesmo lanzador que anotou o primeiro gol dos visitantes a falta de 10 minutos para o final.
Por certo, sobre esto hai que decir que o señor que provocou o penalti tiña anotado ma porra un 3-1🙄. E estabamos 3-0🙄. Pouco máis que decir, señoría 🤷.
Os 5 minutos estabamos con outro penalti, pero agora ao noso favor debido a un sachuazo que lle meteron a Bouzón que por pouco no lo matan🤦
O encargado de tiralo, como non, foi o sr Lois Leal, que casualmente tiña na porra un 4-1🙄. E estabamos 3-1🙄. Pouco mais que decir, señoria🤷.
Por suposto, acabou en gol🤷🤷.
Seguramente sufriremos en partidos, incluso perderemos, pero xogando así, como na primeira parte sobre todo, imos a ser un duro rival para todos os equipos💪.
Tamén queremos felicitar a Lois por batir o record de rapidez en recibir unha amarela e sin nin tan siquera estar no rectángulo nese momento💪😅..
Tamén felicitamos ao Tata pola difícil xestión dunha convocatoria con 7 cambios😰. E sorte que lle fallou algún🤦. Non e fácil, e fixo bastante mal, pero funcionou, así que a calar e a felicitar✌️✌️.
Agora, antes de que a cousa cambie, a facer todos capturas de pantalla da clasificación para enmarcalas e colgalas na cociña💪💪
Parabéns Reales!!!👏👏👏