Datos del partido
- Rival: MERZA VETERANOS
- Fecha: 17/10/2026
- Hora: 16:00:00
- Campo: Mpal Do Camballón
- Resultado: 0 - 0
Relato
Crónica do partido (Xornada 6)
A priori un cero a cero no campo do invicto e terceiro clasificado Merza Veteranos, poderíase considerar como bo, sin embargo onte o que máis e o que menos marchou do campo con certa sensación de decepción😔.
Exceptuando os primeiros 20 minutos nos que fumos tremendamente superiores e debimos poñernos por diante no marcador, o resto do partido foi moi floxo por parte dos dous equipos.
Ainda así tivemos varias claras para levar os 3 puntos, sobre todo un man a man con moito marxe para pensar e a que o gardameta soupo atallar.
Os locais pola contra casi nin inquietaron a portería de Chupi. Esta quizais foi a única lectura positiva, a nosa portería a cero. E xa estamos no top tres de equipo con menos goles en contra.
Do partido non hai moito máis que decir🤷
Seguimos nos postos de cabeza ainda que agora por diferenza de goles pasamos a segunda posición
Temos unha pequena queixa.... O noso equipo, moi profesional😌, chegou as portas do Municipal do Camballón 45 minutos antes do inicio do partido como sempre, sin embargo o campo non abreo as portas ata que faltaban 25 minutos😰. Bueno, en realidade despois descubrimos que o campo xa estaba aberto, pero tal e como está o tema na actualidade igual non era boa idea ocupar un recinto sin permiso🤷.
Esto fixo que se nos fixera a picha un lio e tivéramos que concentrar todo o protocolo do inicio en 15 minutos.
Claramente esto foi o que nos descentrou.
Ainda que é certo que tivemos o mellor inicio de partido en moito tempo, grazas seguramente ao quecemento express que levou a cabo Torres, tentando facer esquecer os blandos exercicios que habitualmente propón Rocha.
Non gañamos, pero seguimos na loita💪